PUNTOS LIMPOS NO VAL MIÑOR
Os puntos limpos son unha parte fundamental dos nosos esforzos cara á sustentabilidade ambiental. Pero que son exactamente estes puntos limpos e por que son tan importantes?
Un punto limpo é un lugar designado para depositar residuos especiais e materiais reciclables que non deben ser refugados nos contedores regulares. Estes sitios permiten a separación adecuada e o manexo responsable de elementos como pilas, aparellos electrónicos, aceites usados, pinturas, entre outros. Ao facilitar a correcta disposición destes materiais, os puntos limpos contribúen significativamente á redución da contaminación e ao fomento da reciclaxe. Os puntos limpos son múltiples axudan a previr a contaminación do chan e da auga ao evitar que certos refugallos perigosos cheguen a entulleiras ou sexan lanzados na natureza.
A continuación mostrámosvos os Puntos Limpos que podedes atopar no Val Miñor.
PUNTO LIMPO DE NIGRÁN
O punto limpo de Nigrán atópase preto da saída á autoestrada, preto do nucleo urbano de Nigrán e o polígono de Porto do Molle.

PUNTO LIMPO DE BAIONA
O punto limpo de Baiona atópase en Baiña, moi preto do nucleo urbano de Baiona

PUNTO LIMPO DE GONDOMAR
O punto limpo de Gondomar atópase na parroquia de Vincios, moi preto da saída á autoestrada e da subida ao Galiñeiro.

Para poder depositar os residuos en cada un destes puntos limpos é necesario ser residente nos mesmos, polo que só se poderá utilizar aquel que corresponda ao teu domicilio. Para consultar que tipo de residuos son admitidos e cales non, visita cada unha dos perfís de Meet Rural. Aí tes toda a información detallada.
Ultimas Publicaciones
Síguenos nas Redes
Dálle de alta o teu negocio en Meet Rural
Se tes un negocio no Val Miñor e queres que apareza nesta páxina, preme aquí para dálo de alta.