Bono activa comercio en Baiona
181 Visits
Troca o teu Bono Activa Comercio en Baiona
Meet Rural
04 Novembro 2024
Publicación

A Xunta de Galicia vuelve a poñer á disposición do consumidor o Bono Activa Comercio dende o 4 de Novembro ata o 31 de decembro.

O propósito do programa Bonos Activa Comercio é estimular a demanda no ámbito comercial promovendo o gasto en pequenos comercios, ao mesmo tempo que se dá apoio financeiro aos consumidores.

Este programa busca fortalecer o sector minorista de Galicia, impulsando a actividade comercial ao fomentar a adquisición de produtos en pequenos comercios locais.

 

Como funciona o Bono Activa Comercio

Visita a web www.bonosactivacomercio.gal e entra na parte relativa a clientes. Descárgate aí o teu bono.

Cada bono emitido considerarase como un vale de desconto cun valor máximo de 30 € que poderás canxear nos comercios adheridos a este programa. Cada bono pode usarse ata que o seu valor se esgote por completo ou ata que se esgote o crédito dispoñible no programa, se ese fose o caso. Atención a isto! Porque se descargas o teu bono e tardas en canxearlo, pode que o crédito destinado a este programa se acabe e non poidas utilizalo.

O importe do desconto no bono diminuirá dependendo do valor da compra, seguindo os seguintes criterios:

- Un desconto de 5 € aplicarase ás compras que sexan iguais ou superiores a 20 € pero inferiores a 30 €.

- Un desconto de 10 € aplicarase ás compras que sexan iguais ou superiores a 30 € pero inferiores a 50 €.

- Un desconto de 15 € aplicarase ás compras iguais ou superiores a 50 €.

É importante destacar que todas estas cantidades inclúen o IVA.

 

Se son comerciante, como me adhiro ao programa?

Os establecementos comerciais que desexen adherirse ao programa Bonos Activa Comercio deberán rexistrarse na web www.bonosactivacomercio.gal antes do 1 de setembro.

 

Procedemento para o uso dos bonos

As persoas que desexen obter os bonos deberán descargalos desde o sitio web www.bonosactivacomercio.gal. Estes bonos serán en formato dixital e estarão representados por un código QR que se poderá utilizar a través dunha aplicación de pagamentos móbiles, como Wallet ou outra similar.

Para canxear os bonos e aplicar os descontos aos usuarios, os comerciantes deben instalar a aplicación "Bonos Activa Comercio" nos seus dispositivos móbiles.

Durante a transacción de compra, os comerciantes deben ingresar na aplicación o importe total da compra e a descrición da mesma. A aplicación calculará automáticamente o importe final a cobrar despois de aplicar o desconto. Pola súa banda, os usuarios deberán presentar o seu bono en formato de código QR e pagar a cantidade final da compra, xa sexa en efectivo ou cunha tarxeta de crédito.

 

Prazo para obter os bonos

Desde o 4 de novembro poderanse descargar os bonos e estes poderán utilizarse ata o 31 de decembro de 2024. As persoas interesadas poderán descargar os bonos desde o sitio web www.bonosactivacomercio.gal. Pero cómpre ter en conta que, no caso de esgotamento do crédito do programa, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

 

Onde podo canxear os meus bonos?

Para utilizar os teus bonos no Val Miñor só tienes que entrar na páxina web de bonos activa comercio e buscar pola túa localidade.

Aquí che deixamos a lista daqueles comercios presentes na plataforma Meet Rural e onde poderás canxear os teus bonos.

Baiona

- ATLEET BAIONA

- LIBRERÍA VERNET

- PAPELERÍA LIBRERÍA CANDELA

- MILÚ

- ÓCULOS ÓPTICA BAIONA

- NATTEX BAIONA

- ESTELAS - TIENDA NAUTICA

- PELUQUERÍA ESTEFANÍA

- CALZADOS BOMBÓN

- MALÚA

- LENCERÍA-MERCERÍA DONA

 

Nigrán

- CENTRO DE ESTÉTICA VIRI ALVES

- EURÓNICS RAMALLOSA

- PARAISOS DE PAPEL

- ÓPTICA RORIS

 

Gondomar

- ESPACIO VITAL

- EL RINCÓN DE NUBIA

 

Ten en conta que esta lista pode ir crecendo nos próximos días, así que consúltala antes de facer as túas compras para saber onde canxeala. Non obstante, as tendas terán unha pegatina distintiva no local para mostrar a súa adhesión ao programa.

 

Publicidad recomendada

Síguenos nas Redes

 

Dálle de alta o teu negocio en Meet Rural

Se tes un negocio no Val Miñor e queres que apareza nesta páxina, preme aquí para dálo de alta.