Concello de Nigrán
Arco Visigótico de Panxón

 

O Arco Xermánico ou Visigótico de Panxón en Nigrán

é unha xoia histórica agochada en Galicia que pertence aos restos da antiga igrexa de San Juan de Panxón. O que máis chama a atención é o seu magnífico arco de ferradura, unha rareza na rexión que pasou desapercibida durante anos.

Este arco, que se mantén en pé, daba entrada ao presbiterio da igrexa con planta basilical. Este está sosterido por duas columnas elegantes con capiteis decorados, todo de estilo xermánico, sendo esta unha das poucas obras deste estilo que se poden atopar en Galicia, sendo considerado Ben de Interese Cultural dende o ano 1964.

Este descubrimento foi tan importante que en lugar de renovar a igrexa orixinal decidiuse deixala intacta e construír unha nova, coñecida como O Templo Votivo do Mar.

O arco está composto por 21 dovelas de diferentes tamaños, todas perfectamente equilibradas e, aínda que non se poden ver actualmente, as columnas de inspiración corintia están apoiadas nunhas bases que probablemente teñen capiteis semellantes, pero invertidos.

No lugar tamén se atoparon outros tesouros como unha tampa de sarcófago decorada, que nos transporta ao período suevo. Tamén se descubriron as bases orixinais do templo xermánico, que teñen unha planta en forma de cruz grega.

Nos anos 80 do século pasado, durante a consolidación do arco, levouse a cabo unha pequena escavación que revelou as cimentacións orixinais do templo xermánico. Estas cimentacións mostraban unha disposición típica de cruz grega. Máis tarde, no século XVII, reformouse a igrexa sobre estas bases, conservando en parte a súa estrutura orixinal. Esta configuración mantívose ata o século XX, momento no que a igrexa desapareceu.

 

Red Natura
No

Que más visitar

Síguenos nas Redes