Concello de Nigrán
Cañones Munaiz-Argüelles

A historia da Batería J3 de Monteferro: os canóns Munaiz-Argüelles

 

A Batería J3 de Monteferro pertencía ao sistema defensivo costeiro que estaba ubicado nas Rías Baixas. Dentro deste sistema de defensa tamén se atopaban as baterías J1 de O Grove, J2 de Cabo Udra e J4 de Cabo Silleiro (no municipio veciño de Baiona).

Dentro do complexo da batería J3, destacan os Canóns Munaiz-Argüelles 150/45, que son os únicos que se conservan actualmente "in situ" en toda a provincia de Pontevedra. Numa primeira instancia eran 3 canóns, dos que só se conservan 2 na actualidade.

A Batería J3 de costa de Monteferro foi creada con carácter urxente unha vez iniciada a guerra civil, posto que o bando sublevado temía un ataque mariño ás costas galegas por parte de potencias estranxeiras contrarias ao alzamento militar. Por iso, trouxeron este armamento da zona de Ferrol, a pesar de que ditos canóns, feitos de aceiro, de tiro rápido, cunha cuña de apertura de 15 cm e con 6300 quilogramos de peso, eran xa na década de 1930 un material anticuado a nivel militar.

O deseño dos canóns Munaiz-Argüelles data de 1903 e apenas tiñan un alcance de 13 quilómetros, o que era moi escaso na época. Para dar servizo a estes canóns, creouse toda unha base militar con dependencias para os soldados, postos de vixilancia, así como un posto de mando desde onde se facían os cálculos de tiro.

Realmente, a función destas baterías era ofrecer a sensación de "seguridade", creando o efecto de contar cunha das costas máis fortificadas do mundo naquela época. A pesar de todo, este complexo estivo en uso ata a década dos 60, cando mudou o seu uso, pasando á situación de reserva e, por iso, comezou a ser lugar para a realización de manobras e un destino para a mili. O complexo abandonaríase finalmente na década dos 80, entrando nun proceso de deterioro que chega ata os nosos días. Por sorte, e grazas ao Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Monteferro, e a unha axuda proporcionada pola Deputación de Pontevedra, puideronse restaurar os canóns Munaiz-Argüelles en 2023.

Resulta intrigante pensar que no momento da instalación desta batería, a zona boscosa de Monteferro apenas contaba con árbores. Hoxe en día, resulta difícil imaxinar Monteferro sen a súa exuberante vexetación.

 

Como chegar:

Para chegar á batería de canóns, ofrécese dúas opcións:

1. Subir ata o Miradoiro de Monteferro e, ao asomarse ao mar, identificar un edificio en ruínas á dereita. Xunto a este edificio, hai un sendeiro que descende entre os árbores, levando á zona dos canóns.

2. Ao ascender en coche cara a Monteferro, despois de pasar as casas, obsérvase unha recta longa que ascende á cima de Monteferro. Xusto ao comezo desta recta, hai unha área ampla para estacionar. Dende aquí, parte un camiño ancho á dereita. Seguindo este sendeiro a pé e chegando a un punto onde se divide en tres, segue polo camiño central, que conduce directamente á batería de canóns.

 

Lugares de interese cercanos:

 

Red Natura
No

Que más visitar

Síguenos nas Redes