
Esta cruz atópase fronte á entrada do cemiterio, xunto á Igrexa Parroquial. Na cruz podemos ver un Cristo Crucificado moi ben tallado nun dos seus lados. No outro lado non hai ningunha figura. A cruz está rota en 7 pedazos e recomposta, así como o Cristo debido a un accidente no inverno de 2015, onde o vento levantou a membrana impermeabilizante da cuberta dos nichos detrás do cruceiro e derrubou a cruz.
Dentro deste cemiterio non só se atopa esta cruz, xa que na zona nova instalouse outra, coñecida como a cruz do cemiterio novo de Baredo que, a diferenza desta, non ten imaxe.
A TENER EN CONTA:
Este cruceiro só pode ser visitado cando o cemiterio está aberto.
BIBLIOGRAFÍA:
"Arquitectura de intermediación no Val de Miñor. Cruceiros e petos de ánimas" de Antonio Soliño Troncoso y María Xosé Pérez González.
Facilidades
Direccion
Que más visitar
Síguenos nas Redes