Concello de Baiona

O actual Faro do Cabo Silleiro substituíu en 1924 ao antigo Faro Silleiro que fora inaugurado en 1866. Atópase a 85 metros sobre o nivel do mar e a uns 250 metros da beira da Punta da Negra (onde está situado o que era o Faro Vello).

O edificio ten encostada á súa fachada oeste a torre do faro e, próximo a el, poden verse as ruínas dunha batería de tiro da armada, cos seus canóns taponados. Desde 1960 ten unha lámpada de 3.000 watios que se pode ver a 40 millas con tempo despexado. 

O faro de Cabo Silleiro localízase en Baredo, nunha zona de cantís de gran valor ecolóxico e paisaxístico. Desde as súas instalacións divísase cara ao norte a Ría de Baiona e a entrada á Ría de Vigo e Pontevedra, pechada polas Illas Cíes e Ronseis, pertencentes á Rede Natura 2000 e declaradas Parque Nacional. Cara ao sur, divísase a agreste costa das Rias Baixas que continúa ata a desembocadura do Miño, límite con Portugal.

O faro é propiedade da Autoridade Portuaria de Vigo e de momento non é visitable, pero se se pode pasear polos moitos carreiros que hai na zona, visitar a praia dos Cristais ou subir ao miradoiro do Cabo Silleiro.

Nestes momentos o faro está en plena remodelación interior para transformalo nun hotel.

Siglo Cultural
XX
Red Natura
No

Que más visitar

Síguenos nas Redes