
Atópase situada na península de Monte Boi, ocupando unha extensión de 18 hectáreas rodeadas de 3 km de murallas almenadas que foron construídas entre os séculos XI e XVII, aínda que se coñece como recinto amurallado desde hai máis de 2.000 anos.
Séculos antes do nacemento de Cristo, o lugar estivo habitado por diferentes pobos, incluídos celtas, fenicios e romanos. Xa en nosa era foi ocupado por varios colonos, sufriu gran cantidade de ataques e experimentou numerosas modificacións. A causa do establecemento da cidade de Baiona aquí foi un privilexio outorgado polos Reis Católicos para defender a costa de incursións corsarias xa que ao longo da historia sufriu numerosos ataques, sobre todo por mar, debido á súa situación estratéxica.
Tempo despois, o recinto converteuse en residencia dos gobernadores militares da fortaleza, entre eles o conde de Gondomar. Terminou pasando a mans privadas, e en 1963 foi adquirido polo Ministerio de Información e Turismo para instalar no seu interior o Parador de Turismo “Conde de Gondomar”, que leva en funcionamento desde 1966.
Actualmente, a muralla mantén as tres torres desde as que se protexía a fortaleza. Á entrada está a Torre do Reloxo, que escondía unha campá coa que se daba a alarma en caso de ataque inimigo; ao leste atópase a Torre da Tenaza, cuxa tarefa era defender o porto co lume das baterías, e, na parte máis oriental da fortaleza, sobre a baía, está a Torre do Príncipe, quizais a máis antiga, que servía de faro para os barcos. Esta última ten tres escudos (dos Austrias, os Sotomaior e a cidade) e debe o seu nome á vez que, en 1137, estivo preso nela o príncipe portugués Afonso Enriques. Coñécense numerosas lendas de amores e prisioneiros nesta torre.
Pódese acceder ao recinto e seguir o roteiro acondicionado para visitar as súas murallas, desde a cal temos unhas excelentes vistas de Baiona, a súa baía e o mar atlántico.
Polo paseo de Monte Boi, que rodea a fortaleza polo exterior, toparémonos co primeiro Talaso ao aire libre inaugurado en Galicia, onde a antiga Cetaria de Serápio, o vello criadeiro de lagostas do século XIX de Monte Boi. Actualmente este talaso non está en funcionamento.
A fortaleza pódese visitar calquera día do ano. Resulta agradable presenciar desde alí as espléndidas postas de sol sobre a ría, as illas Cíes e a liña de mar pola que se estende Baiona.
LUGARES PRÓXIMOS DE INTERESE: Praia Ribeira, Praia Cuncheira, Praia Barbeira, Praia dos Frades, Casco antigo de Baiona, Carabela A Pinta...
Facilidades
Direccion
Síguenos nas Redes