Concello de Baiona

O merendero de Chan de Lagoa, atópase en San Cosme, dentro da parroquia de Baiña (Baiona). É un sitio ideal para comer ao aire libre e gozar da natureza.

Esta área recreativa está situada nunha zona ampla e aínda que está nunha zona alta de Baiona, non ten demasiado desnivel. Canta con varias mesas e bancos de pedra entre a arboleda e zona para facer grelladas. Sen dúbida un lugar ideal para visitar con familia e amigos.

Chégase moi ben por estrada e ten unha zona moi ampla onde poder aparcar

Lugares próximos de interese: Seguindo pola mesma estrada chégase ao miradoiro de O Cortelliño, un lugar magnífico para gozar dunhas marabillosas vistas do Val Miñor, e mais adiante chegaremos ao alto da Groba, onde poderemos ver gran cantidade de cabalos autóctonos da zona en liberdade e tamén gozar de marabillosas vistas.

Red Natura
No

Que más visitar

Síguenos nas Redes