
O Miradoiro do Cabo Silleiro, é unha plataforma construída en madeira, situada a uns 100 metros de altura e á que se accede a través dunha pasarela tamén de madeira, situada na parroquia de Baredo (Baiona)
Desde este miradoiro pódese gozar dunhas preciosas vistas das Illas Cíes, Monteferro, Panxón e o litoral da costa do Concello de Baiona, bañado polo Mar Atlántico.
Para chegar é bastante sinxelo, unha vez chegamos ao Faro do Cabo Silleiro, visible e recoñecible desde a estrada nacional que une Baiona e A Guarda, seguimos pola estrada que sobe ao faro uns 500 metros e chegaremos ao miradoiro.
Adaptado a cadeiras de rodas e carriños/cadeiras de bebé, xa que non ten escaleiras
LUGARES PRÓXIMOS DE INTERESE:
Faro do Cabo Silleiro, Batería de canóns J4 de Cabo Silleiro, Senda Fluvial do Rio Fraga (muíños de Baredo), Praia dos cristais de Silleiro
Facilidades
Direccion
Que más visitar
Síguenos nas Redes