Concello de Baiona

Dentro da vila, podemos atopar diversos monumentos conmemorativos que celebran a chegada ao Novo Mundo. Un deles é o Monolito da Arribada, situado na Praza de Pedro Castro. Foi inaugurado en 1965 e promovido polo Instituto de Cultura Hispana.

O autor desta obra é Ángel Fernández González, coñecido como "Angelito Vernet". Nacido en San Pedro da Ramallosa en 1910, foi formado por destacados mestres e ao longo da súa vida esculpió numerosas obras. Entre elas, destácanse os adornos en casas señoriales da comarca e Vigo, elementos relixiosos na antiga colexiata de Baiona, as escaleiras de caracol da Virxe da Roca, escudos como o do Parador Conde de Gondomar e o da fachada do Concello de Nigrán, así como cruces en cemiterios parroquiais, entre outros.

O bloque de pedra utilizado para o Monólito foi transportado desde Os Marcos, unha zona no monte da Groba, na parroquia de Baíña. As súas dimensións son impresionantes, cunha altura de 4 metros e un peso de 17 toneladas. Para o seu transporte requiriuse un camión de 14 rodas e a colaboración de 11 homes.

Como recomendación adicional, para aprender mais sobre a vinculación que ten Baiona co "descubrimento de América" suxírese realizar o Roteiro Pinzoniana.

Siglo Cultural
XX
Entrada
Gratis
Estilo Cultural
Popular
Red Natura
No

Que más visitar

Síguenos nas Redes