Concello de Nigrán
Monumento a la Marina Universal

 

O Monumento á Marina Universal está situado no alto da península de Monteferro en Nigrán, e é un bo lugar para visitar nas Rías Baixas, se tes a sorte de estar preto de Vigo.

Este impresionante monolito, de 25 metros de altura e construído en granito, presenta catro coroas de bronce, simbolizando a cada unha das marinhas, ademais dunha escultura da Virxe do Carme co neno Xesús nos brazos, a patroa dos mariñeiros. O seu deseño podería dicirse que está entre unha pirámide, un panteón e un faro, destacando o seu interior oco, semellante a unha cheminea.

Foi proposto por Arthur Nigthingale, cónsul británico en Vigo, pouco despois de rematar a primeira guerra mundial en novembro de 1918 en memoria dos mariñeiros mercantes españoles desaparecidos durante a guerra.

Da proxección do monumento encargouse o arquitecto galeguista Manuel Gómez Román. A escultura da Virxe do Carme é obra do escultor malagueño Enrique Marín Higuero, tamén autor das cinco estatuas que coroan o edificio do banco Pastor de Vigo na rúa Policarpo Sanz, tamén proxectado por Gómez Román.

A construción realizouse mediante unha subscripción popular e contribuíron os ministerios de marina do Reino Unido, Estados Unidos, Brasil, España, Italia e Francia. Miguel Primo de Rivera puxo a primeira pedra en 1924 e a inauguración definitiva tivo lugar en 1928.

O monumento atópase nunha zona especial de conservación que conforman este cabo e illas no concello de Nigrán. Este espazo natural participa no proxecto europeo Rede Natura 2000. Desde este punto pódense tomar diferentes camiños de sendeiros, todos eles fantásticos.

Se visitamos este monumentos deixámosvos varias opcións próximas que tamén podedes visitar sen ter que mover o coche:

- Merendero de Monteferro

- Miradoiro de Monteferro

- Batería militar J-3 Monteferro

- Faro de Punta Lameda

- Rosa dos Ventos

Siglo Cultural
XX
Red Natura

Que más visitar

Síguenos nas Redes