Concello de Nigrán

Coñece o Porto Pesqueiro de Panxón en Nigrán

 

O Porto de Panxón é un pequeno porto pesqueiro situado en Nigrán (Pontevedra). Está situado ao sur das Rías Baixas, a poucos quilómetros da fronteira con Portugal e moi preto de Vigo. A localidade é coñecida pola súa fermosa praia, o seu animado paseo marítimo e o seu tranquilo ambiente pesqueiro.

No porto podemos ver os pequenos barcos dos pescadores locais e algunhas embarcacións de recreo, ademais da súa pequena lonxa que abre todas as mañás para a venda de peixe.

Neste punto tamén podemos atopar o Club Marítimo de Panxón, onde se poden practicar diferentes deportes náuticos como vela lixeira, windsurf ou kaiak.

O porto enlaza coa praia de Panxón a través do seu paseo marítimo, cheo de bos restaurantes onde degustar sabroso peixe e marisco.

Lugares próximos de interese:

 

Red Natura
No

Que más visitar

Síguenos nas Redes