Concello de Nigrán

Descubre a Praia das Arribas Brancas en Nigrán

Playa de Arribas Blancas en Nigrán

 

A cala de Arribas Brancas está situada en Monteferro en Nigrán, ao sur das Rías Baixas e na Ría de Vigo. É unha praia de augas moi tranquilas e con vistas á Baía de Baiona.

É importante destacar que non conta con ningún servizo e o seu acceso realízase a través duns chanzos de madeira.

Características

Características

Cafeterías/restaurantes próximos: non

Outros servizos: non

Duchas: non

Tipo de area: fina

Acceso: Para acceder a ela hai que baixar por unhas escaleiras de madeira, limitando o acceso.

Extensión: 50 metros

Parque para nenos preto: non

Aparcadoiro preto: Aínda que hai algunhas opcións de estacionamento próximas, estas son limitadas e o acceso pode ser algo complicado, polo que a alternativa máis práctica é deixar o vehículo na estrada que sobe cara a Monteferro, na zona urbanizada, e dirixirse a pé ata a praia.

Mascotas na praia

Nas praias de Nigrán, as mascotas son benvidas durante todo o ano. Nos meses de verán, durante xuño, xullo e agosto, os cans poderán seguir gozando dos areais, pero unicamente desde as 22:00h ata as 9:00 da mañá. Tanto no inverno como no verán, os seus donos deben levalos sempre atados, como no resto dos espazos públicos do municipio.

Espazo Natural Protexido

Atópase nunha zona especial de conservación que conforman este cabo e illas no concello de Nigrán. Este espazo natural participa no proxecto europeo Rede Natura 2000.

A Rede Natura 2000 é unha rede ecolóxica europea de áreas de conservación da biodiversidade. Consta de Zonas Especiais de Conservación (ZEC) establecidas segundo a Directiva Hábitat e de Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) designadas en virtude da Directiva Aves.

A súa finalidade é asegurar a supervivencia a longo prazo das especies e dos tipos de hábitat en Europa, contribuíndo a frear a perda de biodiversidade. É o principal instrumento para a conservación da natureza na Unión Europea.

Importante

Sé responsable e fai cargo do teu propio lixo. Coida e protexe o teu entorno.

 

Red Natura

Que más visitar

Síguenos nas Redes