
A praia de Barbeira en Baiona

A praia de Barbeira atópase ao pé do Monte Boi, anexa ás instalacións do Club de Iates Monterreal e poderíase dicir que dentro do porto de Baiona, polo que as súas augas son moi tranquilas.
Ten 220 metros de lonxitude e a area é fina. Trátase dunha praia semiurbana, xa que está un pouco separada do balbordo do pobo. Ten un pequeno arborado que ofrece sombra e ao seu lado pasa o Paseo do Monte Boi, unha ruta que bordea este monte e que paga a pena realizar polos marabillosos paisaxes que nos ofrece.
No verán, a praia está vixiada e ademais ten unha zona de fondeo para embarcacións.
Características
- Extensión: 220 metros
- Tipo de area: fina
- Acceso: Ten rampla de acceso
- Duchas: si
- Baños públicos: si
- Fonte:
- Aparcadoiro preto: si, de pago.
- Parque para nenos preto: si (parque da Palma)
- Cafetarías/restaurantes preto: no casco urbano de Baiona podemos atopar gran cantidade de cafetarías, restaurantes e xeaderías.
Particularidades
- Ten un arborado que permite gozar de zonas de sombra.
- Situada dentro do porto de Baiona.
Mascotas na praia
Nas praias de Baiona, as mascotas son benvidas durante todo o ano. Nos meses de verán, durante xuño, xullo e agosto, os cans poderán seguir gozando dos areais, pero unicamente dende as 22:00h ata as 9:00 da mañá. Tanto no inverno como no verán, os seus donos deben levalos sempre atados, como no resto dos espazos públicos do municipio.
Facilidades
Direccion
Que más visitar
Síguenos nas Redes