
164 Visits
Praia da Cuncheira en Baiona

A praia da Cuncheira en Baiona atópase entre a Fortaleza de Monterreal e o Paseo Pinzón, en pleno casco urbano e orientada ao oeste, cara ao océano Atlántico.
É unha praia pequena, rochosa e con area grosa formada por pequenos anacos de cunchas (de aí o seu nome). As augas son limpas e batidas.
Características
- Extensión: 75 metros
- Tipo de area: grosa
- Acceso: Ten unha rampla de acceso, pero o acceso á auga é difícil e con moitas pedras.
- Duchas: si
- Baños públicos: si
- Fonte: si (no parque da Palma)
- Aparcadoiro preto: si, de pago.
- Parque para nenos preto: si (parque da Palma)
- Cafetarías/restaurantes preto: No casco urbano de Baiona podemos atopar moitas cafetarías, restaurantes e xeaderías. Ademais, no verán, dispón de chiringuito.
Particularidades
- A praia en si non ten árbores, pero ao lado está o Parque da Palma onde se poden atopar zonas de sombra.
- Moi rochosa
- Pola súa orientación, é ideal para gozar das postas de sol.
Mascotas na praia
Nas praias de Baiona, as mascotas son benvidas durante todo o ano. Nos meses de verán, durante xuño, xullo e agosto, os cans poderán seguir gozando dos areais, pero unicamente dende as 22:00h ata as 9:00 da mañá. Tanto no inverno como no verán, os seus donos deben levalos sempre atados, como no resto dos espazos públicos do municipio.
Red Natura
No
Facilidades
Direccion
Que más visitar
Síguenos nas Redes