
Praia A Ladeira en Baiona

A Praia de A Ladeira en Baiona é a máis extensa do municipio, cunha lonxitude aproximada de 1.700 metros. Trátase dunha praia semiurbana que forma parte dun istmo areoso que avanza cara a Monte Lourido en Nigrán, o cal se estende entre a baía de Baiona e o esteiro do río Miñor.
Características
- Extensión: 1700 metros
- Tipo de area: fina
- Acceso: Ten rampla de acceso e cadeira anfibia
- Duchas: si, en varios puntos
- Baños públicos: si, en varios puntos
- Fonte: non
- Aparcadoiro preto: si, gratuíto. Ao longo da praia existen diferentes zonas de aparcadoiro gratuíto.
- Parque para nenos preto: si, diante do cámping.
- Merendeiro: si, existe un merendeiro diante da entrada do cámping.
- Cafetarías/restaurantes próximos: Ten un chiringuito e ademais o restaurante-cafetería do cámping que está na mesma praia.
Particularidades
- É unha praia moi extensa polo que ten zonas sen sombra e outras zonas con árbores, sobre todo ao final da mesma.
- Apenas ten ondas.
- Ao lado está a piscina con tobogán do cámping que pode ser utilizada por usuarios externos ao cámping abonando unha entrada de acceso.
- Nalgúns momentos do ano pode ter bastantes algas.
- Este espazo é de gran valor ecolóxico e forma parte da Rede Natura 2000, unha rede de áreas protexidas a nivel europeo. A praia está composta por un sistema de dunas e marismas que albergan unha rica biodiversidade, incluíndo unha ampla variedade de especies vexetais e animais que atopan o seu hábitat nestes ecosistemas.
Aparcadoiro de autocaravanas na praia
Hai varias zonas de estacionamento para autocaravanas: unha diante do cámping e outra na estrada paralela á praia. Non é un aparcadoiro exclusivo para iso. A normativa non permite despregar toldos nin mobiliario.
Mascotas na praia
Nas praias de Baiona, as mascotas son benvidas durante todo o ano. Nos meses de verán, durante xuño, xullo e agosto, os cans poderán seguir gozando dos areais, pero unicamente desde as 22:00h ata as 9:00h da mañá. Tanto no inverno como no verán, os seus donos deben levalos sempre atados, como no resto dos espazos públicos do municipio.
Direccion
Que más visitar
Síguenos nas Redes