
163 Visits
A praia da Ribeira en Baiona

A praia da Ribeira está situada no centro urbano de Baiona entre o porto deportivo e a Fortaleza de Monterreal. Non é unha praia moi grande pero ao estar no centro de Baiona, é unha boa opción para as persoas que non queren moverse moito da zona.
Características
- Extensión: 170 metros
- Tipo de area: fina
- Acceso: Ten rampa de acceso e cadeira anfibia
- Duchas: si
- Baños públicos: si
- Fonte: si (no parque que está ao lado - Parque da Palma)
- Actividades: Preto podemos atopar empresas para aluguer de bicicletas ou vehículos a pedais.
- Aparcadoiro preto: si, de pago.
- Parque para nenos preto: si (parque da Palma)
- Cafetarías/restaurantes próximos: no casco urbano de Baiona podemos atopar gran cantidade de cafetarías, restaurantes e xeaderías. Ademais, no verán, esta praia dispón de chiringuito.
Particularidades
- A praia non ten árbores pero si podemos atopar zonas de sombra no parque que hai ao lado.
- Ten o Compromiso de Calidade Turística do Sistema Integral de Calidade Turística en Destinos (SICTED) que outorga a Secretaría de Turismo.
- Non ten ondas
Mascotas na praia
Nas praias de Baiona, as mascotas son benvidas durante todo o ano. Nos meses de verán, durante xuño, xullo e agosto, os cans poderán seguir desfrutando dos areais, pero unicamente desde as 22:00h ata as 9:00 da mañá. Tanto no inverno como no verán, os seus donos deben levalos sempre atados, como no resto dos espazos públicos do municipio.
Red Natura
No
Direccion
Que más visitar
Síguenos nas Redes