Concello de Baiona

A praia de Santa Marta está situada en pleno centro urbano de Baiona, á beira da península de Santa Marta onde tamén se pode visitar a ermida do mesmo nome. Non é unha praia moi grande pero dispón de todos os servizos para poder gozar do mar en Baiona.

A TER EN CONTA
  • Extensión: 250 metros 
  • Tipo de area: fina 
  • Acceso: Ten rampla de acceso 
  • Duchas: se 
  • Baños públicos: se 
  • Fonte: non
  • Aparcamento preto: se, hai varias rúas próximas onde se pode aparcar pero no verán adoita haber bastante dificultade para atopar oco. 
  • Parque para nenos preto: non 
  • Cafeterías/restaurantes próximos: no centro urbano de Baiona podemos atopar gran cantidade de cafeterías e restaurantes. Ademais, no verán, dispón de chiringuito. 
  • Permitido mascotas: En todas a praia de Baiona os cans son benvidos todo o ano fóra dos meses de verán (xuño, xullo, agosto e setembro).
  • Particularidades da praia
    • Non ten zonas con sombra polo que é conveniente levar antuca ou algún elemento para dar sombra.
    • Apenas ten ondas polo que é ideal para ir con nenos pequenos. 
  • Outros servizos:
    • Preto podemos atopar empresas para facer actividades náuticas como kaiak, pádel Surf, etc.
    • Servizo de salvamento nos meses de verán.


 

Red Natura
No

Direccion

Que más visitar