Presa da Regueira (Recuncho do amor)
Ata o ano 2020, a Presa dá Regueira, permanecía oculta entre a maleza. Durante o confinamento, Juan Alves, residente local e veciño da zona, emprendeu a tarefa de limpar e transformar este espazo, da súa propiedade, pola súa necesidade de facer exercicio durante os meses nos que non podiamos ter contacto con outras persoas, converténdoo gradualmente nun lugar de esparexemento para as familias e para toda a comunidade. Xurdiu así este parque, coñecido localmente polo seu encanto especial, captando a atención tanto dos aldeáns como dos visitantes da zona.
Este espazo ofrece carreiros deseñados para camiñadas, así como unha zona dedicada ao descenso en bicicleta, que require precaución para evitar roteiros perigosos.
Entre os seus elementos distintivos atópanse bancos, randeeiras, pontes, hamacas, lianas, todos elaborados con palets, madeira, corda, etc. Estes materiais intégranse harmoniosamente coa contorna, outorgándolle un carácter único.
Destacando no parque atópase o "Recuncho do Amor", un amplo banco creado por Juan Alves como un recuncho íntimo para parellas.
Este lugar máxico nunca deixa de sorprender en cada visita, xa que continuamente incorpóranse novos elementos, convirtiendolo nun sitio verdadeiramente encantador.
Direccion
Outras ligazóns de interese
Que más visitar
Síguenos nas Redes