

A Rosa dos Ventos de Monteferro é unha baldosa colocada estratexicamente nunha das zonas coas mellores vistas da península.
Trátase dunha baldosa de 30 cm x30 cm pintada e decorada onde se pode ver a rosa dos ventos coas orientacións norte, sur, leste e oeste. Desde a súa localización pódese observar o mar atlántico en todo o seu explendor e as impresionantes Illas Cíes.
Na mesma zona, onde podemos atopar a rosa dos ventos, tamén podemos ver, baixo unha rocas, un pequeno faro que parece estar feito pola mesma persoa que fixo ao rosa (en principio, descoñecido).
Como chegar á Rosa dos Ventos:
Monteferro, nun dos lugares imprescindibles que debedes visitar se vides a Nigrán ou se pasades as vosas vacacións en Vigo ou nas Rias Baixas. Se ides en coche, o mellor é deixalo aparcado nunha zona ampla despois de pasar as casas e antes da gran recta que ascende ao alto de Monteferro. A partir de aquí, tomaremos andando a pista que sae cara á dereita e, despois duns centos de metros, veremos que o camiño se divide en tres. O camiño da dereita vai cara ao faro de Punta Lameda; o da esquerda cara ao monumento á Mariña Universal e o Miradoiro de Monteferro; e o camiño central levaranos á batería de canóns J-3 Monteferro e tamén ao noso destino.
Seguindo por este camiño central, chegaremos á batería militar, pasando por varios edificios en ruínas e onde poderemos ver os canóns que datan dos anos 30 do século pasado. Continuaremos pola senda ata chegar a unha chaira no bosque cun merendero.
Desde o merendero, seguiremos a senda en dirección ao mar (gozando das marabillosas vistas) e neste punto, o camiño segue pola esquerda. A poucos metros, atoparedes unha entrada a unhas rocas, e aí está A ROSA DOS VENTOS. Este lugar privilexiado ofrece vistas incribles das Illas Cíes, As Illas Ronseis e o litoral da Costa de Baiona.
Facilidades
Archivos
Direccion
Que más visitar
Síguenos nas Redes