
Ruta do Casco histórico de Baiona
Durante un tempo aproximado de 1 hora e 45 minutos poderás percorrer as rúas estreitas e empedradas que forman o casco antigo de Baiona, descubrindo a cada paso un pequeno templo, un monumento ou unha casa nobiliaria.
O casco antigo de Baiona foi declarado Conxunto de Interese Histórico-Artístico pola Xunta de Galicia en 1993, coincidindo coa celebración do V Centenario da Arribada da Carabela Pinta a Baiona.
1 - Convento das Dominicas
Convento de clausura fundado en 1547 por Doña Mayor Fernández Acuña. Trátase dun edificio complexo construído sobre uno anterior do S. XIII. No interior da capela destaca o retablo barroco do altar maior, dedicado á Virxe da Anunciada, patroa de Baiona. Desde a rúa Diego Carmona pódese acceder á tenda de doces que elaboran as propias monxas.
2 - Capela da Misericordia
Foi edificada por orde de Felipe II en 1595 á entrada da Fortaleza de Monterreal. En 1656 foi reedificada no casco antigo da vila, onde hoxe se atopa. É propiedade da Santa Casa de Paz e Misericordia. No seu interior destaca o seu retablo barroco, así como as lápidas existentes no presbiterio e o Cristo de Ouro, que segundo conta a tradición veu de América cheo de moedas de ouro no seu interior oco.
3 - Casa Lorenzo Correa
Foi mandada construír en 1757 por Don Lorenzo Correa e Araujo, alcalde de Cuernavaca (México). En 1942 a adquiriu o concello para convertera na Casa Consistorial. O edificio ten 630 m² de superficie, distribuídos en dúas plantas e un torreón. Duas escudos mostran os balsóns das familias Correa, Sotomayor e Troncoso de Lira. Entre ambos, o concello colocou o escudo da vila existente no antigo consistorio.
4 - Casa dos Ceta
Coñecida tamén como Casa do Perdón debido a un cruel privilexio concedido polos Reis Católicos, que eximía de culpas a aquel axustizado que no momento de ser sometido ao castigo público fora capaz de asirse á cadea que colgaba da porta de entrada da casa. Foi edificada a comezos do século XIV e conserva dous escudos coas armas dos Ceta, Figueroa e Fitado, entre outros.
5 - Hospital Sancti Spiritus
Foi construido no século XVI na entrada da Fortaleza de Monterreal e reedificado no século XVII na súa actual ubicación. Foi un hospital de caridade que atendía a pobres e peregrinos. Actualmente, unha parte do edificio alberga a biblioteca pública municipal e o Arquivo Histórico da vila.
O edificio de dúas plantas conta cun encantador patio interior que alberga un xardín e un pozo. Nas súas instalacións tamén podemos encontrar dúas esculturas de pedra, un peregrino e unha efixie do Apóstolo Santiago.
6 - Capela de San Juan
Pequena capela do século XVII, dedicada a San Juan do Castelo. Permanece pechada todo o ano agás en Semana Santa e San Juan, datas nas que se pode visitar.
7 - Capela de Santa Liberata
Comezou a construírse en 1695 por suscripción popular e está dedicada ao culto de Santa Liberata, primeira muller cristiá en recibir martirio na Cruz, ás súas irmás e á súa aleda Sila. Na fachada principal destaca a imaxe da Santa crucificada. O altar maior representa diferentes escenas da súa vida e alberga unha figura ecuestre de Santiago Apóstolo, un dos elementos de devoción xacobea que se poden atopar en Baiona.
8 - EX-Colexiada de Santa María
A súa construción data da 2ª metade do século XII, aínda que foi construída na súa maioría no século XIV. É de estilo románico de transición con influencias cistercienses. A súa planta ten tres naves e triple ábside rectangular, sendo o retablo do altar maior de estilo barroco. Adorna a súa fachada principal un rosetón propio da transición.
O interior foi restaurado en 1976, e alberga á Virxe da Anunciada, patroa de Baiona. A festividade en honra a ela celébrase na primeira fin de semana de agosto, cando a Virxe é levada en procesión a ombreiros desde a igrexa ás 9 da noite, percorrendo as rúas da Vila.
9 - Crucero da Santísima Trindade
Situado na antiga calzada romana, consta de unha cruz gótica do século XV, cuberta por un templete de estilo renacentista, alcanzando unha altura de 8 metros. Antigamente servía de altar para celebrar misa en tempos de peste para os habitantes do Val Miñor e tripulacións dos barcos ancorados na ría.
É un dos escasos cruceros cubertos con baldaquino que existen en Galicia. Aínda que a data exacta da súa construción é incerta, sabe que xa estaba presente en 1585, cando as tropas do pirata Francis Drake chegaron á Vila.
Atópase no Camiño Portugués da Costa.
10 >> Casa do Deán Mendonza
Edificada en 1768 polo bayonés Don Policarpo Mendonza, Deán do Cabido de Santiago. Destaca na súa fachada un escudo de armas coa inscrición: "Ave María", lema da familia.
11 - Casa da Navegación
Situada no casco histórico de Baiona, na coñecida como Casa Carbajal, este museo contén unha colección visitable que abarca toda a historia e o protagonismo naval de Baiona. Este edificio tamén é coñecido como a Casa dos Chupetes por os seus acabados distintivos. O museo alberga documentos e obxectos históricos que narran a evolución urbana, social e marítima de Baiona, especialmente o seu papel nas grandes navegacións atlánticas. Foi inaugurado no ano 2015.
Na planta baixa, os visitantes poden explorar a chegada da carabela "A Pinta" e gozar dunha visita virtual inmersiva. A primeira planta destaca a expansión baixo Felipe II, o comercio marítimo e a pesca do século XX, con tesouros como o privilexio de 1593 e canóns de Cabo Silleiro. Un xardín exterior completa as instalacións deste museo.
12 - Monumento a Alfonso IX
Foi erguido no ano 2001 con motivo do VIII Centenario da Fundación de Baiona como vila Real. É obra de Juan Oliveira Viéitez. Representa ao rei Alfonso IX, fundador, protector e benfeitor de Baiona.
13 - Virxe da Rocha
[a 1 km de distancia]
Foi construída en granito polo arquitecto porriñés Antonio Palacios. A obra foi inaugurada en 1930, ten 15 metros de altura e representa á Virxe sostendo na súa man dereita unha barca-mirador á que se accede por unha escaleira interior de caracol realizada en pedra polo bayonés Ángel Fernández.
Esta singular escultura de pedra, única no seu tipo, xorde directamente da roca do monte Sansón, situada a 100 metros sobre o nivel do mar. Mide 15 metros de altura desde a súa base, e está esculpida principalmente en pedra, á excepción do rostro e as mans, elaborados en mármol branco.
Direccion
Que más visitar
- Av. Arquitecto Jesús Valverde, Baiona, Pontevedra, España
Síguenos nas Redes