
O multiusos Ángel Bedriñana é un espazo versátil e polifacético no centro de Baiona. Na planta principal alberga a praza de abastos, onde pódense atopar produtos frescos e locais, como froitas, verduras, peixes e carnes. É un lugar de encontro e compra para os habitantes de Baiona e os seus arredores, onde poden adquirir produtos de calidade e apoiar aos produtores locais.
No soto conta con aulas de formación, espazos para actividades de lecer e reunións, e un auditorio polivalente. Tamén conta cunha aula de computadores con acceso a internet e varios xornais do día, o que o converte nunha opción popular para as persoas maiores que buscan manterse informadas e socializar cos veciños.
Este lugar é un punto de encontro importante para a comunidade, combinando funcións comerciais e de ócio nun mesmo espazo.
Facilidades
Horario
Contacta
Enderezo
Outras ligazóns de interese
Síguenos nas Redes